Obradoiros de verán 

xoves, 24 de xullo ás 12.00 h.
EX-LIBRIS
Logo de coñecer os exemplos de ex-libris da biblioteca Massó e a función que tivo esta marca personal, os participantes aprenderán de forma sinxela a técnica de estampación de selos e a personalizar os libros da súa biblioteca.
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (matrices para imprimir selos ou estampas) para personalizar os libros d@s participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns.

Dirixido a persoas maiores de 12 anos e menores aconpañados
Duración: 1 hora aprox.

Inscrición gratuíta e información
Telf: 986 321 838
museomasso@xunta.es
            Rúa Montero Ríos s/n
            36930 BUEU (Pontevedra)

Comentarios